lunes, 21 de noviembre de 2005


Tan só un soplo de aire é o que me separa neste momento do resto da humanidade.
Ás veces imaxino que os meus pés pisan onde pisaron moitos outros, ou que pode que as miñas pisadas só coincidan coas dunha única persoa que xa non existe ou que está demasiado lonxe.
Ás veces imaxino o que pensará outra persoa cando vexa o que estou vendo eu.
Ás veces deixo de imaxinar para escoitar o aire entre as follas e poder oír o eco dunhas palabras lonxanas destinadas a caer no olvido.
Ás veces tamén imaxino que imaxino.
Imaxino que imaxino que os meus pés pisan onde pisaron outros antes, o que pensará outra persoa ó mirar ó seu arredor, que escoito o aire e que oio palabras estrañas...