jueves, 17 de mayo de 2012

Día das Letras Galegas

Soúboo en canto saíu pola porta da casa: non sería o mesmo, non podería falar de corazón se non era na lingua máis súa, ou pode que si, pero as palabras irían máis lentas, a modiño coma lle dicían na casa. Pode que porque cando di "cortiña" evoca cores e lugares que non é capaz nin de traducir. Porque é enxebre. Lévao grabado no sangue, nas entrañas, na tráquea, nos dentes, na alma e na ialma. Toda a infancia, os contos antes de durmir, o Xabarín, as rúas de pedras.
Unha lingua non son soamente palabras, coma un libro non son soamente follas.